En primaria, regueifamos!

Esta semana, o alumnado de 5.º de Primaria tivo a sorte de poder gozar da compañía dos grandes regueifeiros Caruncho e Pinto. Explicáronnos a orixe das regueifas e amosáronlle ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Despois, acompañados polo son da zanfona, crearon coplas e tamén as cantaron. Coma sempre, esta é unha actividade chea de humor, risas e o mellor ambiente! Este foi só un primeiro achegamento a esta arte de improvisación oral, pero haberá máis. Parabéns!

Ler máis

II Obradoiro de regueifas

Esta semana volveron visitarnos Pinto e Caruncho, grandes regueifeiros, para seguir traballando coa rapazada na arte da improvisación oral. A sesión comezou rompendo o xeo, presentándose, cantando sobre o que lles gusta… para rapidamente pasar a crear as súas coplas e a cantalas. Nunhas semanas haberá representación do Quiñones no Certame de regueifas.

Ler máis

Obradoiro de regueifas

Este curso volvemos gozar da compañía dos grandes regueifeiros Luis Caruncho e Pinto d’Herbón. Foi o primeiro dos obradoiros organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Agora tócanos seguir practicando no noso club de regueifas ata a seguinte sesión.

Ler máis

Obradoiro de regueifas

Esta semana o alumnado de secundaria coñeceu o gran regueifeiro Bieito Lobariñas. Tivemos a primeira sesión dos obradoiros de regueifas, organizados pola Deputación de Pontevedra e a Asociación ORAL de Galicia. Explicou a orixe das regueifas e amosou ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Acompañados polo son da súa zanfona, crearon as súas coplas e tamén as cantaron. Agora seguiremos practicando para mostrar os dotes de improvisación do Quiñones na segunda sesión.

Ler máis

Obradoiro de regueifas

Esta semana pasada visitáronnos os grandes regueifeiros Pinto e Caruncho. Este foi o primeiro obradoiro desta actividade organizada desde Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Nesta sesión, o noso alumnado coñeceu a orixe desta arte de improvisación oral en verso e puideron practicar o aprendido. Coma sempre, esta actividade está chea de humor, risas e o mellor ambiente!!

Ler máis