Celebramos Samaín! Parte II

A rapazada de cuarto quinto e sexto, tamén participou desta festa  de Samaín. Como non, despregaron o seu  lado creativo e realizaron unhas cabazas verdadeiramente espectaculares. Aquí tendes as gañadoras (clica dentro da imaxe para ver o nome do gañador/a) Ademais deste prezado concurso, realizaron diferentes actividades, como o recitado de poemas, aprendizaxe de novo vocabulario, problemas matemáticos… todos eles empregando as diferentes linguas que se estudan no centro. O photocall situado no corredoiro principal do cole deu moito de—

Ler máis

Celebramos Samaín! Parte I

Por fin chegou un dos días máis esperados do curso, a celebración do Samaín! Unha festa moi ligada á nosa cultura e, que os nosos pequenos desfrutan moito. Este ano tivemos no cole (unha vez máis) o marabilloso concurso de cabazas, no que hai sempre unha grande participación. Grandes, pequenas, monstruosas, con purpurina e ata con cara de robot! Aquí a imaxinación é o mellor aliado. A continuación podedes ver ás gañadoras do concurso de 1º, 2º e 3º de—

Ler máis

Concurso da biblioteca escolar: “Ponlle cara á nosa mascota Leo”

O vindeiro 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca Escolar, e, para celebralo, dende a nosa biblioteca lanzamos un concurso para que o alumnado participe activamente no deseño da nosa mascota. A partir dun traballo de investigación en grupo, a través dun xogo de pistas que se desenvolverá na biblioteca, os alumnos terán que facer pesquisas para adiviñar quen é, e que lle pasou a un animaliño ao que lle encanta ler, que estivo no verán na biblioteca, e—

Ler máis

A graduación de 4.º da ESO

Chegou o momento tan esperado polos nosos maiores: a graduación. O grupo de 4.º da ESO leva todo o curso traballando duramente para poder celebrar a fin desta etapa neste acto coas súas familias e o profesorado do centro. Tiveron como guía a Portal, a súa titora, que deu comezo ao acto cunhas fermosas palabras para os seus alumnos e alumnas. A seguir, deulles paso a eles, que son os verdadeiros protagonistas. Houbo uns presentadores excepcionais: Eles foron os representantes—

Ler máis

Festas do colexio

A finais do mes de maio celebramos as festas do noso colexio. Gústanos moito que as familias nos visiten e moitas delas non o poden facer durante o curso, así que este día intentamos que sexa único, e que nos poidan coñecer un pouco máis. A xornada comezou coa exhibición dunhas das nosas actividades extraescolares: taekwondo e baile. Os nosos leonciños estaban moi nerviosos, porque sabían que tras estas actuacións, sairían eles. Así estaban de preparados: A seguir, continuaron as—

Ler máis