Visita ao Museo Liste

Esta semana os grupos de 3.º e 4.º da ESO visitaron o Museo Liste. É un museo etnográfico que amosa nas súas salas aspectos relacionados cos oficios, os tecidos, os cereais, a luz ou a arte de curar. Tras a visita, o noso alumnado participou do obradoiro “Enigma”, a través do que coñeceron diferentes códigos, mensaxes cifradas, xeroglíficos… que puxeron en práctica nunha xincana.  

Xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic

O venres pasado o grupo de 3.º da ESO visitou a Facultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo para participar na xornada Conecta con atlanTTic. Ademais da cámara anecoica, na que non se escoitaba ningún son, puidemos ver a maqueta a tamaño real do último satélite enviado ao espazo, chamado “Lume”. No laboratorio de óptica-electrónica puidemos tocar os microchips cos que traballan. E, por último, dos distintos postos polos que pasamos, chamounos a atención o can robot. Algún do noso alumnado—

Ler máis

Saída do alumnado de secundaria

O curso xa está chegando á súa fin e o alumnado de secundaria saíu pasar unha xornada de convivencia ata o parque de aventuras Marikiná Park. Nun espazo natural incrible, atravesaron pontes colgantes, lanzáronse en tirolinas, saltaron con lianas… e fixeron medrar os seus vínculos de amizade. Despois desta intensa mañá, fomos ao parque forestal de Beade onde xa puideron descansar.  

DígochoEu

Hai unhas semanas, compartiamos con vós uns vídeos feitos polo alumnado de secundaria nos que recreaban o programa Dígocho Eu. A semana pasada achegámonos ata Santiago de Compostela para asistir á gravación dun programa en directo. Ata alí fomos algunhas alumnas, familias e profesoras do centro. Puidemos coñecer a Esther Estévez, Carlos Amado e Rocío. Foi unha tarde inesquecible, compartida con moitos centros escolares que tamén se achegaron para vivir unha tarde única. Se queredes ver tamén o programa, podedes—

Ler máis

Roteiro literario: Os fillos do lume

No Departamento de Lingua Galega e Literatura propuxemos este ano a lectura de Os fillos do lume, de Pedro Feijoo. O alumnado de 4.º da ESO gozou lendo esta obra e serviunos para descubrir que descoñecían Vigo, a cidade onde viven! Así que decidimos poñerlle remedio. Xunto co Departamento de Xeografía e Historia creamos un itinerario co que puidemos coñecer, aprender e gozar da obra e da cidade. O pasado 7 de xuño saímos a percorrer a cidade e a—

Ler máis