Visita á Biblioteca Xosé Neira Vilas 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de primaria

Ao longo das últimas semanas, os alumnos de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de rrimaria visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas grazas a organización do Equipo Dinamización Lingüística. O tema escollido este ano pola Biblioteca Xosé Neira Vilas é o bosque. Todos coincidimos en que non puideron escoller mellor temática. Os nenos estiveron encantados, xa que a maioría deles se declararon fans da natureza e das excursións polo bosque. Todas as visitas comezaron da mesma maneira. Cando chegamos á biblioteca,—

Ler máis

Proxecto Vigo literario 2017

O noso alumnado de 4.º da ESO participou esta semana na actividade organizada pola Concellería de Normalización Lingüística de Vigo: Proxecto Vigo literario. O obradoiro comezou cun percorrido por numerosas obras literarias nas que a nosa cidade, Vigo, é a protagonista. Así, os nosos alumnos viron que a súa cidade é tan internacional como poden ser Nova York ou París. Falamos de Xulio Verne e o seu Vinte mil leguas baixo dos mares, no que dedica un capítulo completo á—

Ler máis

Participación no programa «Enlaza Vigo contra a violencia de xénero»

O noso colexio non quixo deixar pasar a oportunidade de participar no programa organizado polo concello «Enlaza Vigo contra a violencia de xénero».   A propósito da celebración o día 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de 3.º da ESO, apoiado polo departamento de Plástica, deseñou un mural para tomar conciencia e concienciar os demais sobre este problema. Os murais estiveron expostos na rúa do Príncipe. Podedes ver os murais dos outros centros—

Ler máis

Visitas á Biblioteca Xosé Neira Vilas

O Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do Quiñones de León organizaron para o alumnado unhas visitas á Biblioteca Xosé Neira Vilas.     A temática que escolleu este ano a Biblioteca Xosé Neira Vilas é o bosque. Pareceunos un tema marabilloso para traballar cos nosos alumnos e alumnas, para que aprendar a coidar da natureza e dos animais. Os primeiros en facer esta saída foron os alumnos e as alumnas de educación infantil. Cando chegaron á biblioteca recibíronos as—

Ler máis

Entrega do premio do concurso “Cíes. O paraíso de todos”

E chegou o día. A alumna do Quiñones de León, Lucía Carrera García, foi recoller, acompañada da súa familia e da súa titora, o merecido premio polo seu poema “Cíes. O paraíso de todos”. Velaquí tedes o fermoso poema que compuxo Lucía, para que poidades comprobar o potencial desta futura poetisa. Varios representantes do xornal vigués e o alcalde da nosa cidade, Abel Caballero, entregáronlle á nosa alumna unha bolsa de agasallos, entre eles, libros e material escolar. O seu sorriso é—

Ler máis