Axudas para alumnado con NEAE

Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para 2021-22. Prazo de solicitude: ata 30 de setembro. Consultar menú da dereita (Curso 2021-22, Axudas e actividades).

Grazas

Os traballadores/as do CPR Quiñones de León queremos agradecer ás familias a confianza que puxeron en nós para sacar adiante un curso complicado. Grazas ao bo facer de todas elas podemos dicir que a pandemia case pasou de longo por aquí, con moi pouquiñas excepcións. Que teñades un bo verán.

Graduación ESO

Comezaron, algúns, deambulando desconfiados polos corredores cando a crise de 2008, lembrades?, pero a eles non lles importaba ese palabro nin falta que facía. E aí os tedes, despedíndose xa de nós. Despois chegaron outros que encheron o noso pequeno mundo con historias de Bolivia, da República Dominicana, de Brasil, de Colombia, de Marrocos e de aquí tamén. E nós, que lles agradecemos de corazón que nos axudasen a eliminar as miopías dos patrioterismos e nacionalismos. E agora é tempo—

Ler máis