ENTREGA DO PREMIO DE VIGOLANDIA

Retornamos ao mes de decembro do 2017, cando se convocou, dende Vigolandia, un concurso de debuxo coa temática do Nadal. Participaron todos os nenos de educación primaria, e foi elixida a nosa alumna Yolanda González Almeida como gañadora do noso cole. Yolanda foi recoller o seu premio ao concello de Vigo, acompañada pola mestra de plástica. O alcalde da nosa cidade, Abel Caballero, con outros representantes, entregoulle o diploma e unha chea de agasallos, entre eles un xogo de manualidades—

Ler máis

Saída: ” Visita o teu Concello”

Hai uns días, os alumnos e alumnas de 5.º e 6.º de Educación Primaria visitaron o Concello da súa cidade. Alí tiveron a oportunidade de coñecer un pouco máis de cerca como funciona a administración que satisfai as necesidades da cidadanía viguesa. O primeiro que visitamos foi a sala do pleno. Aquí, ademais de aprender para que serve e para quen é cada unha das cadeiras, tivemos a sorte de recibir a visita do alcalde Abel Caballero, o que lles—

Ler máis

Participación na charla «Conectamos ben»

Desde o departamento de orientación, en colaboración coa área de Igualdade do concello de Vigo, o noso grupo de 4.º da ESO asistiu o día 24 de outubro á charla «Conectamos ben. Mozos e mozas que se tratan de = a =». O obxectivo desta charla é implicar a mocidade na loita contra a violencia de xénero e sensibilizalos sobre as novas formas de violencia simbólica e real.