-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Club de K-pop
Esta semana reuniuse outra vez o Club de K-pop. Desta volta, houbo un concurso de preguntas sobre grupos de K-pop. Tiñan que agacharse ou correr para premer un timbre ou pulsador de son para ser a primeira en responder e levar un punto. A gañadora levou un ramo de photocards variadas de idols de K-pop e un peluche. Ademais de xogos, bailar e preparar ensaios, celebramos o aniversario de Jin de BTS (tradición en kpop facer eventos dos aniversarios dos—
Formación: Modelos de bibliotecas escolares
Canto sabes de K-pop?
Quedada K-pop
Esta semana tivemos a segunda quedada de fans do K-pop, con @kpopvigoevents. Deu comezo cun obradoiro de decoración de photocards, con toploader e slevee e adhesivos variados. En medio do obradoiro, houbo algunha sorpresa… Despois random dance. Xa se foron atrevendo un pouco máis e perdendo a vergonza. E rematamos con sorteos e sesión de fotos cos premios e poses de kpop. Moi pronto avisaremos da próxima xuntanza. Anímate a vir!





