-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Category Archives: celebración
Día das Letras Galegas
Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. O noso alumnado tivo a posibilidade de coñecer este autor e de ler algúns dos seus poemas. Despois deste traballo previo, o alumnado de primaria fixo uns murais cos que participaron no Concurso de murais organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística. A seguir, podedes ver os gañadores deste concurso: O Equipo de Dinamización Lingüística tamén organizou un Concurso de poesía. Houbo moita participación e foi complicado elixir, pero—
Día das Letras Galegas, dígocho eu…
Hoxe é o Día das Letras Galegas, e gustaríanos compartir con vós nesta data uns vídeos que prepararon algúns grupos da ESO. Seguro que coñecedes o programa Dígocho eu. Pois o noso alumnado imitou os vídeos deste espazo televisivo. Así que atentos e atentas… Colgamos clase ou…? Facer a bogada… e ir de esmorga! Xogamos á billarda? Esperamos que vos gusten e que aprendésedes algunha nova expresión coa nosa rapazada!
Entroido na ESO
Este Entroido os nosos maiores tiveron como temática os deportes. Houbo animadores e animadoras, xogadoras de fútbol americano, de petanca, de baloncesto… e tamén adestradores e mascotas dos equipos. Tiveron unha xornada un pouco diferente neste curso, máis animada, acompañada de orellas e tamén de filloas. Gústanos ver como manteñen a tradición desta festa tan nosa!
Día de Rosalía de Castro
O día 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. Desde o colexio tamén nos sumamos a esta celebración, a do aniversario desta autora que homenaxeamos. Traballamos na clase a súa figura, lemos os seus poemas e tamén os imitamos. O alumnado fixo flores nas que escribiu as súas propias composicións, formaron a súa imaxe e déronlle cor, escribiron con lettering frases dos seus textos e do manifesto que se escribiu para esta data… E despois compartimos unhas—
Día da Paz na ESO
O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz (Journée scolaire de la Non-Violance et de la Paix). Traballamos na clase de francés coa canción On ira, de Zaz, para reafirmar que a nosa felicidade existe grazas á diversidade e ás nosas diferenzas, esa é a nosa sorte! E aquí vos deixamos un vídeo no que o alumnado imitou o vídeo desta cantante decorando as fiestras: