O colexio a un clic

A aplicación AbalarMóbil ofrece agora un servizo de mensaxería que permite que o pai/nai do alumno/a reciba no seu móbil mensaxes do titor/a sobre asuntos de importancia. Tamén, como ata agora, recibirá información das notas, faltas de asistencia, incidencias, etc, en canto estas se rexistren no servizo informático. Se quere estar informado/a, descargue a aplicación da Xunta de Galicia.

E xa estamos regueifando

Parte do noso alumnado da ESO tivo a oportunidade de achegarse ao mundo da improvisación oral en verso da man dos grandes regueifeiros Luís O’Caruncho e Pinto de Herbón. Comezaron rompendo o xeo cos rapaces e rapazas, explicándolles como fixándose nalgún detalle que os rodea  xa poden deixar medrar as palabras. E así o fixeron para deleite de todos os asistentes: A seguir, explicáronnos a orixe das regueifas e a súa presenza en distintos lugares do mundo. E así, pouco—

Ler máis

Celebramos o Día da non-violencia e a paz

Un ano máis, a comunidade escolar do Quiñones de León celebrou o Día da non-violencia e a paz. Nas diferentes etapas, traballaron durante estas semanas dun xeito especial para conmemorar xuntos este día. Os máis pequenos leron contos e reflexionaron sobre diferentes situacións; outros xa puideron organizar algún pequeno debate, e os maiores lembraron a figura de Gandhi e revisaron a orixe dos distintos símbolos da paz. Hoxe xuntámonos todos, guiados por un dos nosos alumnos maiores: Este compartiu unha—

Ler máis

Xogando cos conceptos matemáticos en Educación Infantil

Na clase de catro anos seguimos a descubrir e a afondar nos conceptos matemáticos, empregando o xogo e a experimentación como ferramentas de aprendizaxe. Estivemos a descubrir que os números pódense representar de diferentes formas: coa súa correspondente grafía (1, 2, 3…), cos dedos, con puntiños, con regletas de cores … E puxémonos máns a obra para practicar todo o que estábamos a ver. Coa axuda do noso dado xigante, pasamos un bo rato tirándoo, contando, e asociando o número—

Ler máis

Reciclando con Dinoseto e Dinosetiño

Hoxe visitounos no cole a personaxe máis simpática da nosa cidade: O Dinoseto! e non veu só, viu acompañado polo seu fillo Dinosetiño. Xuntos, amosáronos cunha divertida historia a importancia das ” 3R” (Reducir, Reutilizar e Reciclar). Tamén informáronnos sobre algunhas das novidades coas que conta a nosa cidade este ano, coma o Punto Limpo Móbil e o aumento de colectores de roupa e calzado. Aprendemos, rimos e, sobre todo, pasámolo moi ben! Ao final de todo, cantamos a canción—

Ler máis