-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Categoría: Saídas
Nova aventura co PILI Vigo
Viaxe de fin de etapa
Visita ao Museo Liste

Esta semana os grupos de 3.º e 4.º da ESO visitaron o Museo Liste. É un museo etnográfico que amosa nas súas salas aspectos relacionados cos oficios, os tecidos, os cereais, a luz ou a arte de curar. Tras a visita, o noso alumnado participou do obradoiro “Enigma”, a través do que coñeceron diferentes códigos, mensaxes cifradas, xeroglíficos… que puxeron en práctica nunha xincana.
Visita ao Museo do Mar

Con motivo da conmemoración do Día da Muller a Nena na Ciencia, os grupos de 2.º e 3.º da ESO visitaron o Museo do Mar, onde participaron na actividade “Un mar de mulleres”. Puideron coñecer a realidade da industria conserveira e o papel da muller no traballo relacionado co mar. E, para rematar, visitaron o acuario.
Xornada de portas abertas Conecta con atlanTTic

O venres pasado o grupo de 3.º da ESO visitou a Facultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo para participar na xornada Conecta con atlanTTic. Ademais da cámara anecoica, na que non se escoitaba ningún son, puidemos ver a maqueta a tamaño real do último satélite enviado ao espazo, chamado “Lume”. No laboratorio de óptica-electrónica puidemos tocar os microchips cos que traballan. E, por último, dos distintos postos polos que pasamos, chamounos a atención o can robot. Algún do noso alumnado—