Este curso os alumnos e alumnas de 3º da ESO gravaron por parellas ou grupos un podcast, un true crime. Foi unha experiencia moi divertida coa que se traballaron na aula as habilidades orais, a creatividade, a aprendizaxe autónoma e a competencia dixital.
Aquí tedes unha pequena mostra: arquivo de audio.
Festa Fin de curso Infantil e Primaria

O pasado 16 de xuño celebramos a festa de fin de curso deste ano, a tarde estivo chea de emoción xa que é o noso primeiro festival despois da pandemia. Desde os presentadores ata os máis pequeniños, ofrecéronnos a súa mellor versión nos bailes. A continuación pasamos unha tarde de convivencia nos talleres e no inchable mentres esperabamos a actuación do mago. Unha tarde para pasalo ben en compañía da familia, os amigos e os profes. Deixámosvos a aquí as—