Obradoiro de regueifas

Esta semana tivemos a inmensa sorte de contar no noso centro coa presenza do regueifeiro Luís O Caruncho. Dirixiu o primeiro dos obradoiros de regueifas organizado pola Deputación de Pontevedra. Aprendemos que son as regueifas, a súa orixe, como se compoñen… E o noso alumnado tamén improvisou as súas coplas.

Obradoiro de regueifas (II)

Esta última semana volveron achegarse polo Quiñones de León os grandes improvisadores: Luís O Caruncho e Pinto d’Herbón. Guiáronnos no segundo obradoiro de regueifas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo deste curso. Desta volta, o alumnado, xa con algunhas nocións, foi improvisando as súas coplas e gozando de compartir risos. Cara ao final, foron atrevéndose a regueifar en parellas. Aquí seguiremos practicando para manter viva esta tradición e para dar o mellor de nós no Certame de—

Ler máis

Obradoiro de regueifas

O xoves, o alumnado de 2.º da ESO puido gozar dun Obradoiro de regueifas, guiado polos improvisadores Luís o Caruncho e Pinto d’Herbón. Coñeceron a orixe das regueifas, os lugares do mundo onde está presente (coas súas diferenzas) e como é o proceso de creación destas coplas. E, por suposto, foron creando as súas coplas e tamén cantándoas, acompañados da zanfona. Agora están á espera da segunda sesión, na que terán que poñer en práctica todo o aprendido. A ver—

Ler máis

Obradoiro de regueifas

Un curso máis, tivemos o pracer de participar no Obradoiro de regueifas que organiza a Deputación de Pontevedra. Desta volta, estivo no Quiñones de León o regueifeiro Bieito Lobariñas. Nesta primeira sesión, o alumnado puido repasar, da man de Lobariñas, a orixe das regueifas, a presenza da improvisación oral en verso nos diferentes pobos, as características destas composicións… Animados pola zanfona do regueifeiro, cantaron as súas propias coplas. Agora xa están agardando pola segunda sesión deste obradoiro!    

Preparándonos para o Certame de regueifas

Esta semana tivemos connosco de novo a visita dos regueifeiros Luis O Caruncho e Pinto de Herbón. Esta segunda sesión serviu para traballar dun xeito máis próximo co alumnado, que, entre risos, comezou a cantar sobre o seu nome, a súa procedencia, os seus gustos… Estes primeiros momentos serviron para romper o xeo, xa que rapidamente pasaron a gozar do momento coa improvisación. E así queremos compartir estes momentos con todos e con todas vós: Houbo coplas para Pinto e—

Ler máis