Concurso de redacción e poesía da Asociación de Veciños de San Roque

Un ano máis, o noso alumnado participou no concurso de redacción e poesía que organiza a Asociación de Veciños de San Roque a propósito da celebración do Día das Letras Galegas. Moitos deles foron premiados polos seus traballos, mais como esta data coincidiu coa celebración do Día de Convivencia do colexio, nalgúns casos foron familiares ou profesores os que acudiron a esta cita. Estes son algúns dos nosos premiados agardando que dese comezo o acto: Deixámosvos a seguir unhas poucas—

Ler máis

Excursión de fin de curso de primaria

O pasado venres, o alumnado e profesorado de Educación Primaria marchamos de excursión de fin de curso ao Ecoparque de Marín. Alí dividímonos en dous grupos. Os máis pequenos (1.º e 2.º) tiveron a oportunidade de pasar un divertido anaco coas eguas que alí viven. Déronlles de comer, peiteáronas e, despois, deron unha pequena volta. Convertéronse en auténticos xinetes e amazonas. Logo, fixeron unha xincana polo parque. Os alumnos de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º realizaron un circuíto arbóreo. Nel,—

Ler máis

Celebración do Día das Letras Galegas 2019

O Día das Letras Galegas é todos os días do ano, sabémolo e é algo que intentamos transmitir ao noso alumnado, promovendo o uso e o coñecemento da nosa lingua. Pero o día 16 de maio xuntámonos no patio do colexio para falar un chisco sobre a figura homenaxeada deste ano: Antonio Fraguas, fundamental para coñecer na actualidade cantigas e tradicións, que doutro xeito serían descoñecidas para nós. Tivemos uns grandes presentadores para a ocasión, un par de alumnos de—

Ler máis

Preparación do Día das Letras Galegas 2019

Este ano o homenaxeado polo Día das Letras Galegas foi Antonio Fraguas Fraguas. Todas as etapas educativas do noso colexio procuraron coñecer un pouco máis sobre a vida e a traxectoria profesional deste home, gran defensor da nosa cultura e da nosa historia. Traballamos tanto na clase como na aula de informática, fixemos buscas de información, participamos en xogos en liña, aprendemos sobre o noso traxe tradicional, costumes, festividades e toponimia.   O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou—

Ler máis

Galego in Wales

Desde o departamento de inglés, quixemos tamén celebrar o Día das Letras Galegas. E non atopamos mellor forma que investigando o alcance que ten a lingua galega fóra das nosas fronteiras. E foi así como descubrimos o Centro de Estudos Galegos na Universidade de Bangor, Gales. Co apoio da Xunta de Galicia, e sendo un centro líder mundial no seu campo, ten como obxectivo promover e consolidar a investigación e a ensinanza dos estudos galegos no País de Gales, no—

Ler máis