Minichefs Quiñones presenta: filloas de Entroido

Onte os nosos leonciños de 3 e 4 anos convertéronse en cociñeiros expertos. Aproveitamos que xa viñamos vestidos co mandil que nos mandou traer o meco, e as datas de Entroido nas que nos atopamos para preparar en equipo un doce típico galego destas festas: as filloas. A cociña é unha fonte estupenda de coñecementos, valores e diversión, así que nos puxemos mans á obra. Primeiro, falamos do máis esencial antes de comezar a cociñar: a hixiene. Lavamos ben as—

Ler máis

Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro é o aniversario do nacemento da nosa poeta Rosalía de Castro. Como non podía ser doutro xeito, nós tamén nos quixemos sumar a esta celebración do Día de Rosalía. Estivemos lendo algún texto sobre a vida de Rosalía e despois algúns poemas para inspirarnos. Logo, a partir dos seus poemas “Nacín cando as plantas nacen” e “Adiós, ríos; adiós, fontes”, o alumnado de 1.º da ESO fixo as súas piruletras. Compuxeron os seus versos, algúns coa métrica—

Ler máis

E xa está aquí o Entroido

Esta semana celebramos a gran festa do Entroido no colexio Quiñones de León. É a festa das máscaras, unha celebración tradicional aquí en Galicia, que queremos transmitir e manter co noso alumnado. Este ano a temática do gran día, que será o venres, é o cinema e a televisión. Pero antes diso, temos o meco preparado e xa dando ordes desde a pasada semana. Mirade que xeitoso está: E as súas ordes son: Luns: “Se bo cociñeiro queres ser, un—

Ler máis

FELIZ ANO!!

FELIZ ANO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO QUIÑONES DE  LEÓN!! E que mellor forma de comezar este novo ano que amosándovos os preparativos e a festa do Nadal que fixemos no cole. Desde a ponte de decembro, puxémonos mans á obra e decoramos os corredores, elaboramos unha árbore dos desexos e traballamos a festividade do Nadal dende diferentes áreas. O xoves 20, os leonciños de infantil tiveron o seu festival pola tarde, coa esperada visita do home de vermello.—

Ler máis