Os leóns no XI Certame Escolar de Regueifas

O 15 de febreiro chegou con moitos nervios e emoción para o alumnado de 1.º e 3.º da ESO. Uns ían participar no XI Certame Escolar de Regueifas, e outros iamos animar os nosos compañeiros e compañeiras e a todos os participantes. Algunhas regueifeiras xa participaran na edición anterior do certame, pero para os demais era a primeira vez. E, como bos leóns e leoas que son, todos subiron ao escenario a dar o mellor deles mesmos. E así, foron—

Ler máis

Obradoiro de regueifas: 2.ª sesión

A semana pasada tivemos a visita de dous grandes regueifeiros no noso cole: Pinto de Herbón e Kike Estévez, dous grandes referentes da improvisación oral en galego. Esta segunda sesión foi completamente práctica para o noso alumnado. Comezaron practicando o ritmo facendo as súas presentacións, cantando sobre cidades ou sobre os seus deportes preferidos. A seguir, deixaron escapar a súa creatividade e comezaron a cantar as súas coplas, a partir das indicacións de Pinto de Herbón e de Kike Estévez.—

Ler máis

Regueifando coa ESO

Certamente, o peche deste segundo trimestre foi ben movido. Os grupos de 2.º e 3.º da ESO tiveron a oportunidade de coñecer, da man de Pinto d’Herbón e Luís O Caruncho, que son as regueifas. Tras un repaso sobre a orixe das regueifas e dos diferentes nomes cos que as podemos atopar ao longo do planeta, comezamos a practicar o ritmo e a rima. Unha vez interiorizado o ritmo, cantando as coplas canda eles; foi o noso momento de crear.—

Ler máis