Xa chega o Entroido

Xa temos ao Meco sentado na entrada,
tranquilo, mirando, sen facer máis nada.
É feo e o sabe, pero non lle importa,
porque se divirte xogando coa roupa:
un día o sombreiro, por se fóra chove,
ao outro os zapatos de distintas cores.
Pregunteille ao Meco que quere que fagas:
-Que a miña roupa imite, sen facer trasnadas.

  • O luns viste elegante cunha bonita paxarela ou unha gravata.
  • O martes, o sombreiro máis chulo que atopes na casa.
  • O mércores, de distintas cores os zapatos han ser.
  • O xoves, ao redor da cintura algo fermoso debes poñer.

E lembra que non podes usar maquillaxe, caretas nin luvas.

Esencia de amorodo

A linguaxe da vida é universal e os constituíntes básicos son os mesmos nun amorodo e en nós mesmos. Así que en 3º de ESO extraemos o ADN duns amorodos, un longo fío enroscado formado por moléculas (bases) unidas en parellas: timina-adenina, citosina-guanina; e así todo, repetíndose millóns de veces. Como teñen moito ADN similar (xa que levan oito copias en lugar das dúas dos humanos), sóense usar para estas cousas. O primeiro é ter amorodos (quen preguntaba de que—

Ler máis

O laboratorio escolar na Semana da Ciencia

A actividade de 3º ESO para a Semana da Ciencia consistiu na elaboración dun vídeo cómico-pedagóxico sobre o laboratorio escolar: que normas se deben seguir, que aparellos hai, que materias e comportamentos son perigosos, cal son as medidas de seguridade, etc. O vídeo foi visto, despois dun pequeno concurso sobre o laboratorio, polos alumnos de toda a ESO e parece que lles gustou. Grazas a Xoan, Alba, Hiba e Yassir por perder a vergonza durantes uns minutos e participar como—

Ler máis