-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Categoría: celebración
O Samaín (parte 1)

Estes días, nos que celebramos o Samaín, o alumnado de educación infantil recibiu a visita dalgúns compañeiros e compañeiras de secundaria que querían contarlles un conto. O álbum elixido foi Queda sitio na vasoira? Despois, ao igual que fixo a meiga, os nosos pequenos e pequenas prepararon a súa pócima, recitaron o seu conxuro e conseguiron que aparecesen uns doces.
Regueifando!
Co lema: “Na casa, na escola, bota a lingua fóra”, arrincou este ano o Correlingua. Quixemos participar na regueifa colectiva que propuxeron, así que vos deixamos a seguir o vídeo para que vexades a arte do noso alumnado e da rapazada doutros centros escolares:
Visita de Andrea Maceiras

Na xornada de hoxe recibimos a visita tan esperada de Andrea Maceiras. Achegouse ao colexio para falar co noso alumnado de 1.º, 2.º e 3.º da ESO sobre as súas obras A folla azul e Europa Express. Comezamos cunha viaxe ata a Amazonia, durante a que visitamos terras e coñecemos tribos, costumes, fauna e flora. Revivimos momentos únicos das protagonistas de A folla azul e presentounos a tribo que lle serviu de inspiración. A seguir, continuamos cun percorrido en interraíl por—
Orgullo Galego con nós

O alumnado de 3.º da ESO tivo a oportunidade de escoitar a Borxa, de Orgullo Galego. Esta comunidade comparte e difunde contidos relacionados con Galicia, a súa cultura, tradicións, curiosidades, lugares interesantes… Borxa, desta volta, veu para falar de redes sociais en galego, do uso do galego en Internet e de que o galego é unha lingua coa que se pode chegar a todo o mundo. Moitas grazas por amosar esta realidade ao noso alumnado!