Visita de Esther Estévez co Dígocho Eu!

O grupo de 2.º da ESO tivo a oportunidade de coñecer a Esther Estévez e gravar con ela un vídeo do Dígocho Eu! Despois da gravación, puideron conversar con ela e co seu equipo, e falar de xornalismo, da TVG e tamén do Digochiño, que tiña seareiros entre a rapazada. Moi pronto poderemos compartir con vós o vídeo.

Ler máis

Visita ao Museo Liste

Esta semana os grupos de 3.º e 4.º da ESO visitaron o Museo Liste. É un museo etnográfico que amosa nas súas salas aspectos relacionados cos oficios, os tecidos, os cereais, a luz ou a arte de curar. Tras a visita, o noso alumnado participou do obradoiro “Enigma”, a través do que coñeceron diferentes códigos, mensaxes cifradas, xeroglíficos… que puxeron en práctica nunha xincana.  

Ler máis

Visita de Iria Misa

Hoxe os alumnos e alumnas de 5º e 6º ep recibiron a visita de Iria Misa. Veu falarlles do seu libro “Unha veciña de película”, que leran na materia de Lingua Galega.  Neste rato tan divertido os rapaces e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre a obra. Ao rematar, Iria, moi amablemente, asioulles os libros. Os nenos e nenas, a cambio, entregáronlle un bloc cuns debuxos que lle fixeron. Moitas grazas pola visita, Iria!

Ler máis

Obradoiros de igualdade de xénero

Onte, os alumnos e alumnas de 6º de infantil, 2º, 4º e 6º de primaria asistiron a uns obradoiros do Concello nos que aprenderon sobre a importancia da igualdade de xénero. Desde que non hai diferezas entre xoguetes de nenos e xoguetes de nenas, pasando por grandes deportistas femininas, ata a análise de distintas profesións asociadas a un xénero ou a outro. Que importante é este tipo de formación nos nosos pequenos/as!  

Ler máis