Semana da Prensa

Durante as primeiras semanas mes de marzo, entre vacina e vacina, conmemorábase a Semana da Prensa e, como sabedes, ao ser un centro que publica un diario escolar a final de curso, grazas á actividade organizada polo Faro de Vigo “O Faro dá Escola”, consideramos que esta semana ten que ser diferente para o noso alumnado. Por un tempo aparcamos os libros de texto e dedicámonos a levar a cabo actividades que lles dean a coñecer a nenos e nenas—

Ler máis

Natación escolar

Informamos de que por mor do peche da piscina no pasado mes de febreiro, a data de remate do programa de natación escolar será o 3o de xuño de 2021.

Actividades polo Día da Muller

O pasado 8 de marzo celebrouse o Día internacional da Muller, polo que ao longo desta semana estivemos desenvolvendo diferentes actividades, adaptadas á idade de casa curso, para traballar a devandita data. Cos máis pequenos centramos ditas actividades ao redor da figura materna. O alumnado de 1º de Primaria, elaborou un diploma que sabemos de certo está ben merecido; o alumnado de 2º de Primaria, traballou sobre a idea dos súper poderes incomprensibles que posúen as súas nais, tal e—

Ler máis

O Entroido infantil

A celebración do Entroido na etapa de Educación Infantil estivo marcada polas indicacións do Meco, que seguimos durante toda a semana, e que nos foron transformando pouco a pouco, para o venres saír disfrazados duns preciosos pallasos. O último día da semana fixemos unha gran festa, con obradoiros de elaboración de flores de pallaso, máscaras e unha sesión de cine. Pese as restriccións, o noso alumnado máis cativo gozou dunha semana especial chea de cor, ledicia, diversión e novas aprendizaxes.—

Ler máis