Obradoiro de regueifas (II)

Pinto e Caruncho visitaron o noso colexio a semana pasada. Este foi o segundo obradoiro, impulsado desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, que impartiron ao alumnado de secundaria, no que xa pasaron a sesión cantando e improvisando. Agora seguimos a regueifar no noso pequeno club do cole. Arriba regueifeiras e regueifeiros do Quiñones!

Bicos de Papel visita o colexio

Este xoves, contamos cunha actividade de contacontos e xogos para Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria por parte da organización en apoio a nenos e nenas con cancro, Bicos de Papel. Pasámolo xenial!