Preparación do Día das Letras Galegas 2019

Este ano o homenaxeado polo Día das Letras Galegas foi Antonio Fraguas Fraguas. Todas as etapas educativas do noso colexio procuraron coñecer un pouco máis sobre a vida e a traxectoria profesional deste home, gran defensor da nosa cultura e da nosa historia. Traballamos tanto na clase como na aula de informática, fixemos buscas de información, participamos en xogos en liña, aprendemos sobre o noso traxe tradicional, costumes, festividades e toponimia.   O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou—

Ler máis

Galego in Wales

Desde o departamento de inglés, quixemos tamén celebrar o Día das Letras Galegas. E non atopamos mellor forma que investigando o alcance que ten a lingua galega fóra das nosas fronteiras. E foi así como descubrimos o Centro de Estudos Galegos na Universidade de Bangor, Gales. Co apoio da Xunta de Galicia, e sendo un centro líder mundial no seu campo, ten como obxectivo promover e consolidar a investigación e a ensinanza dos estudos galegos no País de Gales, no—

Ler máis

Semana do Libro 2019

A Semana do Libro celebrouse este ano no colexio dunha maneira “espacial”. Coa temática do universo, os nenos de todo o cole, desde Infantil ata a ESO, fixeron actividades relacionadas coa lectura, coa finalidade de fomentala entre os máis cativos, e que, así, descubran as súas marabillas. Como actividade común para todo o cole fixemos un gran mural no que contestabamos unha pregunta: “Se foses un personaxe de conto, quen che gustaría ser?”. Os nenos anotaron as súas respostas nunha—

Ler máis

O Entroido no Quiñones de León

O venres celebramos todo o equipo do colexio a festa do Entroido. Como xa vos anticipamos, a temática era o cine e a televisión. Tivemos a oportunidade de ver moitos Minions e tamén a Gru; a Nemo, Dory e o profesor manta raia; a Lady Bug e Cat Noir; variados superheroes do mundo Marvel; personaxes do Rei León; diversos emojis; o exército de cartas da Raíña de Corazóns e o Coello Branco; e tamén moitos atracadores de La casa de—

Ler máis