Rosalía de Castro cos nenos de cinco

Como todos os anos, o 24 de febreiro conmemórase o nacemento da nosa poetisa máis ilustre: Rosalía de Castro. Puxémonos mans á obra e recollemos información axeitada para contarlles aos nosos maiores de infantil. Coñeceron a súa vida e a súa obra, as súas viaxes e algúns dos seus poemas. Preguntaron se aínda seguía viva e algún contounos que coñecía unha rúa e un colexio que se chamaban coma ela… vaia casualidade. Traballaron un dos seus poemas máis coñecidos: “Adiós—

Ler máis

ENTROIDO 2018

Este ano o noso Entroido centrouse no mundo das froitas e dos vexetais. Enchemos o cole de amorodos, piñas, berenxenas, kiwis, cenorias, laranxas, plátanos, sandías e tomates. Foi un día moi colorido, e tivemos a oportunidade de ensinar os nosos disfraces pola rúa do Calvario. Previamente ao día da festa, estivemos decorando os corredores.         Ademais, o noso Meco, o froiteiro da entrada, dábanos as ordes do que tiñamos que traer cada día: gravata ou lazo, zapatos—

Ler máis

Celebramos o Día da Paz!

Onte foi o Día Escolar pola Non-Violencia e a Paz que se celebra cada 30 de xaneiro en todos os centros de España. No colexio Quiñones de León participamos todos: alumnado, profesorado, equipo directivo… Este ano a actividade principal consistiu na decoración de papaventos. Os nenos de cada clase, desde eduación infantil ata a ESO, esforzáronse moito para elaborar os seus papaventos. Estes son algúns deles: A celebración tivo lugar no patio, onde dúas alumnas da ESO leron un manifesto—

Ler máis

Actividades e festival de Nadal de primaria

  Durante o mes de decembro, o alumnado de primaria estivo preparando diversas actividades relacionadas co Nadal. Decoramos as portas, creamos postais para o amigo invisible, fixemos adornos para os corredores… Todo encheu o cole do espírito do Nadal.       A actividade da decoración das portas tivo, un ano máis, uns resultados incribles.   O día 21 de decembro, celebramos o festival. Quixemos amosar como se celebra o Nadal nas diferentes partes do mundo. Os que guiaron o desenvolvemento—

Ler máis

A árbore de Nadal dos nosos maiores

A propósito da chegada do Nadal, desde as materias de plástica e de valores éticos, o noso alumnado da ESO decidiu traballar o tema da reciclaxe, co que están moi concienciados, e crear así unha grande árbore de Nadal. Todo o centro educativo colaborou reciclando botellas, briks, tapóns, etcétera, e ademais destes materiais de refugallo tamén trouxemos das nosas casas CD inservibles, entre outros materiais. Ademais de participar na actividade reciclando, os máis pequenos tamén participaron ensartando la de cores—

Ler máis