Graduación de 4.º da ESO

Toda aventura debe chegar á súa fin e así, pouco a pouco, ano tras ano, chegaron a 4.º da ESO estes rapaces e rapazas que sempre terán connosco o seu fogar. Tiveron un acto de graduación cheo de lembranzas, risos e algunhas bágoas. Gardaremos sempre estes momentos no noso corazón. Vós sodes moi grandes… e as vosas familias tamén! E agora é o voso momento de voar. O futuro é voso!

DígochoEu

Hai unhas semanas, compartiamos con vós uns vídeos feitos polo alumnado de secundaria nos que recreaban o programa Dígocho Eu. A semana pasada achegámonos ata Santiago de Compostela para asistir á gravación dun programa en directo. Ata alí fomos algunhas alumnas, familias e profesoras do centro. Puidemos coñecer a Esther Estévez, Carlos Amado e Rocío. Foi unha tarde inesquecible, compartida con moitos centros escolares que tamén se achegaron para vivir unha tarde única. Se queredes ver tamén o programa, podedes—

Ler máis

Roteiro literario: Os fillos do lume

No Departamento de Lingua Galega e Literatura propuxemos este ano a lectura de Os fillos do lume, de Pedro Feijoo. O alumnado de 4.º da ESO gozou lendo esta obra e serviunos para descubrir que descoñecían Vigo, a cidade onde viven! Así que decidimos poñerlle remedio. Xunto co Departamento de Xeografía e Historia creamos un itinerario co que puidemos coñecer, aprender e gozar da obra e da cidade. O pasado 7 de xuño saímos a percorrer a cidade e a—

Ler máis

Campamento de verán

O club deportivo Seung Sport organiza este verán un campamento nas instalacións do colexio. Se queredes informarvos, podedes chamar ao teléfono que aparece no cartel ou enviarlles un correo electrónico. Seguro que pasarán un verán moi divertido e cheo de aventuras!

Viaxe de fin de etapa do alumnado de 4.º da ESO

O noso grupo de 4.º da ESO realizou a súa viaxe de fin de etapa no mes de maio. Gozaron dunha semana de convivencia, acompañados de Isabel e Sabela, polas terras de Cantabria. Tiñan como punto de partida e descanso un albergue en Liébana. Desde alí partían cada día para realizar diferentes visitas e actividades. Viaxaron en teleférico en Fuente Dé e realizaron unha ruta por Picos de Europa. Fixeron rappel e desprazáronse en tirolina. Outro día foron ao Museo—

Ler máis

Obradoiro de regueifas (II)

Esta última semana volveron achegarse polo Quiñones de León os grandes improvisadores: Luís O Caruncho e Pinto d’Herbón. Guiáronnos no segundo obradoiro de regueifas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo deste curso. Desta volta, o alumnado, xa con algunhas nocións, foi improvisando as súas coplas e gozando de compartir risos. Cara ao final, foron atrevéndose a regueifar en parellas. Aquí seguiremos practicando para manter viva esta tradición e para dar o mellor de nós no Certame de—

Ler máis