África González con 4º ESO

Hoxe tivemos o honor de recibir á catedrática de inmunoloxía da UVigo África González, que instruíu ao alumnado de 4º de ESO na súa especialidade e o potencial que ten a inmunoloxía no tratamento dalgúns cancros. Coa elocuencia que a caracteriza, debullou os pormenores das súas investigacións como médica, a súa historia como alumna do premio Nobel César Milstein e os esperanzadores resultados de terapias combinadas probadas en ratos no cancro de páncreas, un dos máis mortais que existen. Grazas—

Ler máis

Obradoiro de regueifas (II)

Pinto e Caruncho visitaron o noso colexio a semana pasada. Este foi o segundo obradoiro, impulsado desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, que impartiron ao alumnado de secundaria, no que xa pasaron a sesión cantando e improvisando. Agora seguimos a regueifar no noso pequeno club do cole. Arriba regueifeiras e regueifeiros do Quiñones!