O martes, a paxarela e o sombreiro máis chulo que atopes na casa.
-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
A propósito da conmemoración do Día da Paz, este ano en Francés traballamos o vocabulario relacionado con esta xornada. Tamén pensamos naquelas outras cousas que nos fan sentir ben e que nos axudan no día a día a atopar as cores entre o branco e o negro. Traballamos a canción On écrit sur les murs e fixemos unha pequena actividade na que reflectiron os seus sentimentos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra, só tedes que facer clic na seguinte ligazón.—
Xa temos ao Meco sentado na entrada,
tranquilo, mirando, sen facer máis nada.
É feo e o sabe, pero non lle importa,
porque se divirte xogando coa roupa:
un día o sombreiro, por se fóra chove,
ao outro os zapatos de distintas cores.
Pregunteille ao Meco que quere que fagas:
-Que a miña roupa imite, sen facer trasnadas.
E lembra que non podes usar maquillaxe, caretas nin luvas.
This gallery contains 11 photos.
Como todos os anos por estas datas celebramos o Samaín en primaria. Esta tradición provén da cultura celta na que celebraban o final da tempada de colleita e o comezo dun novo ano. Aínda que é certo que este curso é diferente aos demais non quixemos deixar pasar a oportunidade de celebrarlo co noso alumnado. Así que adaptándonos ás novas circunstancias, tentamos que esta semana pasada o noso alumnado gozase, tanto en casa como no cole, de actividades especiais. Deixámosvos—
O venres 21 de febreiro toda a comunidade educativa celebrou o Entroido, que tivo como elemento motivador as lendas galegas. Os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria desfilaron polas rúas do barrio do Calvario vestidos como fadas, trasnos, xacios e xacias, mouros e mouras, meigas, diaños, gatipedros e outros seres máxicos relacionados coa nosa natureza. Neste paseo, non faltaron tamén algúns compañeiros e compañeiras de secundaria, así como profesores e familiares do alumnado. Xa de volta—