Obra de teatro: SAFARI

O pasado venres, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria foron ao teatro AFundación para desfrutar dunha marabillosa obra chamada SAFARI. Dramatizada por soamente dous actores, trasladounos a África, máis concretamente á rexión do Serengueti, onde misteriosamente desaparece o león. Coa axuda dos nosos valentes exploradores, desvelamos o porqué da desaparición do rey da selva, ao mesmo tempo que aprendemos valores como o respecto e a empatía. Pero o que máis destacamos e a aprendizaxe dunha valiosa—

Ler máis

A Maleta da Amizade

Este ano na clase de Primeiro Primaria estamos a levar a cabo una actividade semanal que fomenta as relacións de amizade entre o alumnado. Cada semana un alumno ou alumna desta clase é elixido polos seus compañeiros para poder levar a maleta durante toda una semana á súa casa. Cando volve ao centro, todos lemos a aportación que fixo o noso compañeiro e descubrir que engadiu á maleta. Deste xeito, os noso alumnado vaise coñecendo mellor, atopando intereses común ou—

Ler máis

Contacontos “Rapunzel con piollos”

Hoxe o alumnado de Educación Infantil, primeiro e segundo de Educación Primaria, gozou dun divertido contacontos, a partir do título “Rapunzel con piollos”. Grazas a esta obra, descubrimos como unha ringleira de personaxes de contos clásicos intentan por quendas axudar á pobre Rapunzel que ten a cabeza chea de piollos! Trátase dunha dinámica e divertida historia coa que pasamos un bo rato. Ademais, o especialista en contacontos agasallounos con dous entretidos contos que tiñan como protagonistas a dúas alumnas do—

Ler máis

O colexio a un clic

A aplicación AbalarMóbil ofrece agora un servizo de mensaxería que permite que o pai/nai do alumno/a reciba no seu móbil mensaxes do titor/a sobre asuntos de importancia. Tamén, como ata agora, recibirá información das notas, faltas de asistencia, incidencias, etc, en canto estas se rexistren no servizo informático. Se quere estar informado/a, descargue a aplicación da Xunta de Galicia.

E xa estamos regueifando

Parte do noso alumnado da ESO tivo a oportunidade de achegarse ao mundo da improvisación oral en verso da man dos grandes regueifeiros Luís O’Caruncho e Pinto de Herbón. Comezaron rompendo o xeo cos rapaces e rapazas, explicándolles como fixándose nalgún detalle que os rodea  xa poden deixar medrar as palabras. E así o fixeron para deleite de todos os asistentes: A seguir, explicáronnos a orixe das regueifas e a súa presenza en distintos lugares do mundo. E así, pouco—

Ler máis