Celebración musical do Día das Letras Galegas

Algúns dos nosos alumnos e alumnas quixeron achegarse á figura de Xela Arias dun xeito moi próximo a eles, isto é, a través dun vídeo. Escoitamos moitas cancións creadas a partir de poemas desta autora, ata que nos decidimos por Intempériome, de A banda da Loba. Analizamos os versos, identificámonos con eles e sentímolos. E, a seguir, as ideas para o baile foron xurdindo desta xente nova, o futuro da nosa lingua. Podedes premer na seguinte ligazón para gozar con—

Ler máis

Feliz Día das Letras Galegas 2021

De parte do Equipo directivo e do claustro queremos felicitarvos o Día das Letras Galegas; este ano dedicado a Xela Arias, autora da nosa cidade. Permanecede atentos ás actividades educativas levadas a cabo que se publicarán proximamente. Pasade un bo día.

Semana do Libro

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e nós non quixemos deixar pasar esta data tan importante. Realizamos diferentes actividades ao longo de dúas semanas: lecturas compartidas, contacontos, creación de marcapáxinas, recomendacións literarias… Velaquí tedes unha pequena mostra do traballo desenvolvido, só tedes que premer no seguinte texto: actividades polo Día do Libro. Animámosvos a seguir voando e imaxinando coas mellores lecturas!

Charla sobre Sexualidade en 3º e 4º ESO

Unha sociedade madura  debe desterrar vellos tabús e explicar a realidade sen eses medos que son a primeira causa de mitos, ideas erróneas e pensamentos únicos. E así, con  palabras claras e respectuosas, sen chíos nin descalificacións, aprendemos algunhas ideas sobre sexualidade fóra dos contornos habituais de (des)información. A sexóloga Sonia Morán, do centro Quérote+ de Vigo, dependente da Consellería de Política Social da Xunta, falou sobre o tema ao alumnado de 3º e 4º. E como para comprender hai—

Ler máis

Semana da Ciencia

Os navegantes antigos, que tamén somos nós, guiábanse polas estrelas, que parecían ser sempre as mesmas porque os mares tamén o eran. Houbo que cambiar a perspectiva e, de súpeto, apareceron novas figuras no ceo. Na ciencia, o ollo do navegante é tan importante como a propia Natureza, sempre esquiva como xa intuíron os escépticos gregos. Na Semana da Ciencia abrimos un pouco máis eses ollos e cambiamos un pouco de posición para entender vellos feitos con miradas novas. En—

Ler máis