Seguimos cun obradoiro de luces e sombras

Na última semana antes das vacacións do Nadal, o alumnado dos grupos de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de primaria gozou dunhas sesións de pedagoxía da luz coma recompensa polo esforzo realizado durante o trimestre. Deste xeito, e adaptados ás diferente idades, presentábanselles unha serie de retos tomando como elemento motivador, como non podía ser doutro modo, o Nadal. Entre estes retos, tiñan que ser quen de construír unha árbore con vasiños para adornala; clasificar as “bólas”, de xeito colaborativo,—

Ler máis

3.º e 4.º de primaria visitan a Villa Romana de Toralla

Os grupos de 3.º e 4.º de educación primaria visitaron o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Vigo.

Este espazo pretende achegar ao noso alumnado a historia da nosa cidade, a través de diferentes recursos, como reconstrucións, maquetas ou debuxos.

Os nenos e nenas, acompañados duns expertos arqueólogos, percorreron estes espazos, e achegáronse así ao mundo romano e puideron coñecer a súa influencia na nosa cidade, como por exemplo a súa economía baseada na pesca. Deste xeito, reforzaron os coñecementos traballados previamente na aula, e aprenderon outros novos.

Tamén puideron gozar dun paseo polo xacemento arqueolóxico situado ao seu carón, a Villa Romana de Toralla, onde se pode ver a propia villa e a salina, vinculados ás actividades da pesca e salgadura.

Así transcorreu a xornada:

Seguro que moitas familias aínda non visitastes este marabilloso espazo que temos na nosa cidade, e agora teredes uns magníficos guías!

En 1.º da ESO comezan a investigar

O grupo de 1.º da ESO tivo a oportunidade de participar no obradoiro “A miña primeira investigación”, actividade ofertada a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

A finalidade deste obradoiro é a de presentarlle ao alumnado o método científico dunha forma experimental. Os monitores do taller trouxeron moito material e, partindo deste e dunha serie de explicacións, o alumnado tivo que descubrir a orixe dun problema.

EnlazaVigo contra a violencia de xénero

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os grupos de 3.º e 4.º da ESO participaron na iniciativa EnlazaVigo coa seguinte creación artística sobre micromachismos:

O día 25 de novembro acudiron ao Auditorio Mar de Vigo, onde asistiron a unha acción formativa, ademais de ver a presentación da exposición das creacións artísticas dos compañeiros doutros centros educativos da cidade.

1.º de primaria traballa coas matemáticas manipulativas

Os conceptos abstractos propios da área matemática son, moi a miúdo, difíciles de comprender polos alumnos dos primeiros cursos, xa que requiren de certa madurez e capacidade de abstracción pola súa parte. Así que a mellor estratexia metodolóxica nestes casos son actividades lúdicas e manipulativas. Deste xeito, desenvólvese unha das competencias máis importantes, a de aprender a aprender, ao mesmo tempo que eles son os construtores e os artífices da súa propia aprendizaxe. Por este motivo, o alumnado de primeiro—

Ler máis