Obradoiro de regueifas

Un curso máis, tivemos o pracer de participar no Obradoiro de regueifas que organiza a Deputación de Pontevedra. Desta volta, estivo no Quiñones de León o regueifeiro Bieito Lobariñas. Nesta primeira sesión, o alumnado puido repasar, da man de Lobariñas, a orixe das regueifas, a presenza da improvisación oral en verso nos diferentes pobos, as características destas composicións… Animados pola zanfona do regueifeiro, cantaron as súas propias coplas. Agora xa están agardando pola segunda sesión deste obradoiro!    

Concurso de Poesía

Este curso, con motivo do Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística organizou un concurso de poesía para o alumnado. Traballouse o xénero lírico, as emocións, imitáronse poemas de Xela Arias e leuse moita poesía para inspirar os nosos futuros poetas. A seguir podedes ler as composicións premiadas: Concurso de Poesía.  

Quen foi Xela Arias?

Ademais de traballar os textos de Xela Arias na clase e escribir poesía coma ela, apeteceunos realizar unha actividade ao aire libre co grupo de 1.º da ESO. Preparamos unhas pistas e, a modo de xogo, o alumnado puido descubrir momentos importantes da vida desta autora e moitos dos seus logros. A seguir podedes ver unha pequena mostra desta actividade, só tedes que premer a continuación: Coñecendo a Xela Arias.

Celebración musical do Día das Letras Galegas

Algúns dos nosos alumnos e alumnas quixeron achegarse á figura de Xela Arias dun xeito moi próximo a eles, isto é, a través dun vídeo. Escoitamos moitas cancións creadas a partir de poemas desta autora, ata que nos decidimos por Intempériome, de A banda da Loba. Analizamos os versos, identificámonos con eles e sentímolos. E, a seguir, as ideas para o baile foron xurdindo desta xente nova, o futuro da nosa lingua. Podedes premer na seguinte ligazón para gozar con—

Ler máis