-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Categoría: Actividades
Obradoiro de regueifas (2.ª sesión)
Programa Vigo en inglés

Estas últimas semanas, un par de alumnas de 4.º da ESO tiveron a oportunidade de participar no Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa. Pasaron tres semanas en Londres, aprendendo e vivindo en inglés. Seguro que terán moitas aventuras que contarnos. Alegrámonos de que fose unha experiencia satisfactoria!
Obradoiro de regueifas

Esta semana tivemos a inmensa sorte de contar no noso centro coa presenza do regueifeiro Luís O Caruncho. Dirixiu o primeiro dos obradoiros de regueifas organizado pola Deputación de Pontevedra. Aprendemos que son as regueifas, a súa orixe, como se compoñen… E o noso alumnado tamén improvisou as súas coplas.
Vigo en inglés

Algúns dos nosos antigos leonciños, xa en Bacharelato, están a participar estes días da súa experiencia no programa do Concello de Vigo: Vigo en inglés. A súa experiencia de inmersión lingüística está a transcorrer na cidade de Chester. Esperamos que regresedes co voso corazón cheo de grandes aventuras.
DígochoEu

Hai unhas semanas, compartiamos con vós uns vídeos feitos polo alumnado de secundaria nos que recreaban o programa Dígocho Eu. A semana pasada achegámonos ata Santiago de Compostela para asistir á gravación dun programa en directo. Ata alí fomos algunhas alumnas, familias e profesoras do centro. Puidemos coñecer a Esther Estévez, Carlos Amado e Rocío. Foi unha tarde inesquecible, compartida con moitos centros escolares que tamén se achegaron para vivir unha tarde única. Se queredes ver tamén o programa, podedes—