Final do curso 2018-2019

Pouco a pouco, os días, as semanas e os meses foron pasando, e así chegamos ao final do mes de xuño. O equipo docente do Quiñones de León quere agradecer a todo o alumnado e ás familias o apoio e o traballo desenvolvido durante este curso. Desde o día 1 ata o 22 de xullo, se tendes algunha consulta, podedes achegarvos ao centro de 10:00 a 12:00 horas. E a partir do día 22 de xullo, estaremos en horario de—

Ler máis

A graduación de primaria

Cambiamos de etapa!! E que mellor maneira de celebralo que cunha festa de graduación. Así o anunciaba o equipo directivo, dando as grazas pola confianza depositada todos estes anos no centro. Alumnas e alumnos de sexto de primaria, puxeron a toga e o birrete para despedir uns anos nos que viviron moitos momentos divertidos, como así o explicaron no seu discurso. Tamén a titora quixo trasladarlles unhas emotivas verbas, agradecendo tanto a eles como as familias o cariño e apoio—

Ler máis

A graduación de 4.º da ESO

Chegou o momento tan esperado polos nosos maiores: a graduación. O grupo de 4.º da ESO leva todo o curso traballando duramente para poder celebrar a fin desta etapa neste acto coas súas familias e o profesorado do centro. Tiveron como guía a Portal, a súa titora, que deu comezo ao acto cunhas fermosas palabras para os seus alumnos e alumnas. A seguir, deulles paso a eles, que son os verdadeiros protagonistas. Houbo uns presentadores excepcionais: Eles foron os representantes—

Ler máis

Os leonciños visitan a Fundación Sales

Os nosos leonciños tamén tiveron a súa saída de fin de curso. Este ano visitaron a Fundación Sales, espazo digno dos mellores soños, que podemos atopar na nosa cidade. Estes rapaces tiveron a oportunidade de pasear por estes xardíns, entre bambús, e recoñecer numerosas especies vexetais. E tamén tiveron tempo de participar nun obradoiro de plantación e traer consigo unha pequena planta para coidar nas súas casas. Os nosos leonciños e leonciñas regresaron do mellor conto de fadas da nosa—

Ler máis

Festas do colexio

A finais do mes de maio celebramos as festas do noso colexio. Gústanos moito que as familias nos visiten e moitas delas non o poden facer durante o curso, así que este día intentamos que sexa único, e que nos poidan coñecer un pouco máis. A xornada comezou coa exhibición dunhas das nosas actividades extraescolares: taekwondo e baile. Os nosos leonciños estaban moi nerviosos, porque sabían que tras estas actuacións, sairían eles. Así estaban de preparados: A seguir, continuaron as—

Ler máis